Icono del sitio María Isabel Álvarez Rodríguez Abogado

Asociación Boa Vida proxecto Acollemos 2020

Boa Vida Acollemos 2020

 

Boa Vida Acollemos 2020

Dende a Asociación Boa Vida e a través do proxecto “Acollemos”, pretendemos realizar unha formación en guía de acollida, na que os participantes migrantes, podan acadar os coñecementos básicos sobre a súa integración efectiva no noso entorno. Durante os días que traballaremos cos participantes afondaremos no marco legal das súas casuísticas diferentes, así como mostraremos os aspectos sociais e culturais da nosa terra para traballar desde unha perspectiva multidimensional na súa integración efectiva. Asociación Boa Vida proxecto Acollemos 2020.

Obxectivos

Realizar unha aproximación xeral sobre o marco legal no sector das migracións.   Dar a coñecer a organización territorial e o funcionamiento do sistema sanitario, educativo e social da sociedad de acollida a persoas migrantes.

Contidos

Abordaxe legal sobre o sector das migracións Coñecendo o noso entorno

O sistema sanitario en Galicia O sistema educativo en Galicia Os servicios sociais en Galicia

Alumnado

Limite de prazas 15

Calendario

Data de inicio prevista: 13 novembro

Data de finalización prevista: 20 novembro Horario previsto: de 09.00 h. a 13.00 h.

Lugar: Local social da Igrexa Santiaguiño do Burgo (Rúa Leonardo Enriquez, s/n –

Pontevedra) Detrás do Estadio Municipal de Pasarón.

Monitoras: María Isabel Álvarez Rodríguez (Avogada) e Victoria Abadía Calpena (Traballadora Social)

Inscricións e información:

Correo: migracions@boavida.org

Web: www.boavida.org

Facebook: boavidainclusionactiva

Salir de la versión móvil