Subvencións e axudas

cursos nacionalidad

EXTRACTO DAS BASES REGULADORAS DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 DO EXERCICIO 2019

EXTRACTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 22 DE MARZO DE 2019 POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 DO EXERCICIO 2019

BDNS(Identif.):446882

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións: http: www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

1. Persoas beneficiarias

Persoas inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisen preparar o exame do DELE A2 para a obtención da nacionalidade española.

2. Obxecto

Poñer en marcha tres (3) edicións, de ata un máximo de 60 alumnas e alumnos (20 por edición), dos Cursos de Español para Persoas Inmigrantes para a Preparación do DELE (Diploma de Español Lingua Estranxeira) nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes.

3. Lexislación aplicable

Bases reguladoras da convocatoria de subvencións aprobadas por Resolución da Presidencia de xx de marzo de 2019; Ordenanza provincial de subvencións; Bases de execución do Orzamento provincial para o ano 2019; Lei 38/2003, xeral de subvencións; Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e a demais lexislación de aplicación.

4. Contía

Para levar a cabo os Cursos de Español para Persoas Inmigrantes para a Preparación do DELE A2 do ano 2019 a contía máxima dispoñible é de 14.900,00 euros.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación das bases e do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará en 15 días hábiles.

6. Outros datos de interese

— Solicitudes e documentación: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal). Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal

— Criterios de valoración. O procedemento de concesión levarase a cabo na seguinte orde:

1.º Persoas solicitantes ás que non se lles financiase desde este organismo provincial, na edición do ano 2018, o custo da matrícula do Instituto Cervantes

2.º Persoas solicitantes que acheguen o informe da entidade de iniciativa social definida na base primeira desta convocatoria

3.º Pola data de presentación de solicitudes, segundo o establecido na base quinta desta convocatoria, respectando a orde de inscrición

Unha vez aplicados os criterios anteriores, se houbese máis solicitudes que prazas para asignar, faríase un sorteo entre as restantes.

— Gastos obxecto de subvención: os recollidos na base décimo segunda da convocatoria- Compatibilidade: si

Pontevedra, 29/03/2019

A presidenta, M.ª del Carmen Silva Rego

Enlace: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2019/04/01/2019014064